visitas

miércoles, 21 de mayo de 2014

OS AFOGADOS



Demasiadas veces
deixamos morrer
nunha praia,
en calquera praia,
soños nacidos a miles
de quilómetros.
Así é como se tinguen
as fronteiras de sangue,
como a fame rebenta
as conciencias dos informativos,
con arames que cencenan
a pel do futuro.
É entonces cando o termo
fronteira
adquire o seu senso,
unha semiótica de dor
e hipocrisía,
con significados de egoísmo
e significantes de traxedia.
Porque o caso
non é que as fronteiras
estean lixadas
dese vermello acusador,
senón que se constrúen,
dende
o
principio
dos
tempos,
con sangue.

No hay comentarios:

Publicar un comentario