Demasiadas veces
deixamos morrer
nunha praia,
en calquera praia,
soños nacidos a miles
de quilómetros.
Así é como se tinguen
as fronteiras de
sangue,
como a fame rebenta
as conciencias dos
informativos,
con arames que
cencenan
a pel do futuro.
É entonces cando o
termo
fronteira
adquire o seu senso,
unha semiótica de dor
e hipocrisía,
con significados de
egoísmo
e significantes de
traxedia.
Porque o caso
non é que as
fronteiras
estean lixadas
dese vermello
acusador,
senón que se
constrúen,
dende
o
principio
dos
tempos,
con sangue.